CLAUSURA DO ANIRMAU'12
| 18/04/2012 |
O ANIRMAU'12 chegou xa á súa fin, e podemos novamente ratificar que foi todo un éxito. En primeiro lugar, dicir que as 25 proxeccións coas que contou o festival superaron as cifras de espectadores do ano pasado (en torno a 2200), acadando agora a cifra de 3015 espectadores. Sen dúbida, unha boa acollida que esperamos que poida repetirse en vindeiros anos. De todos estes espectadores, cerca de 1000 foron aqueles que se achegaron ás salas nos pases libres, mentres que os pases escolares acadaron un total de 2000 estudantes da nosa comarca. Xunto as sesión oficiais, contamos con tres longametraxes entre as que se atoparon a xa clásica “Persépolis”; ademais das cintas españolas “Arrugas” (filme de apertura) e “Copito de nieve” (filme de clausura) Contamos igualmente con dúas exposicións (Cartelismo na animación / Animación e banda deseñada) que estarán visibles no IES Aller Ulloa ata principios de Maio. Destacar tamén o obradoiro de Stop-Motion realizado o pasado venres, e impartido por Tomás Conde e Virginia Curiá. A eles sumáronse outros invitados importantes como María Arochena (produtora executiva de “Arrugas”), David Rubín (importante creador de cómics galegos), Marcos López (responsable de OQO Films), Inmaculada Castaño (Delegada Filmax Galicia), así como os nosos tres destacados membros do xurado: Emilio de la Rosa, Ricardo Blanco y Chelo Loureiro. En canto á gala de premios, esta deu a coñecer o palmarés deste ano. O premio do público recaeu en "Bisclavret" (2011) de Emilie Mercier. A mellor curta galega foi parar no filme "Birdboy" (2008) de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, supoñendo un interesante recoñecemento a este traballo gañador do Goya. O premio á mellor creación Multimedia recaeu en "Freilach", un vídeo musical realizado por Fass Castro. En último termo, a mellor curtametraxe do festival foi para "Plume", curta do británico Barry Purves. Sen dúbida, unha cita irrepetible que esperamos chegar a superar en próximos anos. |
|
|
El ANIRMAU'12 llegó ya a su fin, y podemos nuevamente ratificar que fue todo un éxito. En primer término, decir que las 25 proyecciones con las que contó el festival superaron las cifras del año pasado (sobre 2200), alcanzando este año la cifra de 3015 espectadores. Sin duda, una buena acogida que esperamos pueda repetirse en años venideros. De todos estos espectadores, cerca de 1000 fueron aquellos que se acercaron a las salas en los pases libres, mientras que los pases escolares llegaron a unos 2000 estudiantes de nuestra comarca. Junto a las sesiones oficiales, tuvimos tres largometrajes entre los que se encuentran la ya clásica “Persépolis”; además de las cintas españolas “Arrugas” (película de apertura) y “Copito de nieve” (película de clausura) Contamos igualmente con dos exposiciones (Cartelismo en la animación / Animación y cómic) que estarán visibles en el IES Aller Ulloa hasta principios de mayo. Destacar también el taller de Stop-Motion realizado el pasado viernes, e impartido por Tomás Conde e Virginia Curiá. A ellos se sumaron otros invitados importantes como María Arochena (productora ejecutiva de “Arrugas”), David Rubín (importante creador de cómics gallegos), Marcos López (responsable de OQO Films), Inmaculada Castaño (Delegada Filmax Galicia), así como nuestros tres destacados miembros del jurado: Emilio de la Rosa, Ricardo Blanco y Chelo Loureiro. En cuanto a la gala de premios, esta dio a conocer el palmarés de este año. El premio del público recayó en "Bisclavret" (2011) de Emilie Mercier. El mejor corto gallego fue para la película "Birdboy" (2008) de Alberto Vázquez y Pedro Rivero, suponiendo un interesante reconocimiento a este trabajo ganador del Goya. El premio a la mejor creación Multimedia recayó en "Freilach", un vídeo musical realizado por Fass Castro. En último término, el mejor cortometraje del festival fue para "Plume", corto del británico Barry Purves. Sin duda, una cita irrepetible que esperamos llegar a superar en próximos anos. |
||
XA TEMOS PROGRAMACIÓN TOTALMENTE DEFINIDA
| 29/03/2012 |
Onte fixemos a presentación oficial do festival aos medios, dando a coñecer toda a programación detallada do mesmo. O principal atractivo desa presentación foi sen dúbida o coñecemento dos tres membros oficiais do xurado deste ano de carácter internacional. Tres nomes propios da categoría de Chelo Loureiro (Galiza), Emilio de la Rosa (España) e Ricardo Blanco (Portugal). Todos eles magníficos profesionais vinculados ao campo da animación en todas as súas posibles facetas. A modo de resumo, o festival inscribiu 588 filmes, dos cales proxectaremos 156 nas tres seccións oficiais: Competición de Curtametraxes, Competición de Curtametraxes Educativas e Competición Multimedia. Cada un dos filmes a competición poden consultarse no apartado do actual festival. Fóra de consurso, xa informáramos a pasada semana sobre a presenza de "Arrugas" como filme de apertura; e "Persepolis" como filme de clausura. Este apartado complétase co Panorama infantil, que contará cos exemplos "A doazón", "Un gato na árbore" e "El circo submarino"; ademais do pase especial sobre animación e cómics co documental "Radiografía dun autor de tebeos", centrado na figura do debuxante David Rubín. Para rematar, estarían as actividades paralelas conformadas por dúas exposicións e un obradoiro. No primeiro caso, contamos cunha importante exposición sobre "O cartelismo no cinema de animación" con máis de 50 carteis; xunto coa proposta "Da banda deseñada ao cinema de animación", un percorrido polas obras máis interesantes e afamadas entre os dous medios. O ramo chega co obrigado obradoiro de stop-motion enfocado aos alumnos do Bacharelato Artístico, onde contaremos coa inestimable presenza de Virginia Curiá e Tomás Conde para ensinar algúns dos segredos da rodaxe fotograma a fotograma. Esperamos que gocedes dun gran festival. Vémonos en ANIRMAU'12. |
|
|
Ayer hicimos la presentación oficial del festival a los medios, dando a conocer toda la programación detallada del mismo. El principal atractivo de esa presentación fue sin duda el conocimiento de los tres miembros del jurado de este año de carácter internacional. Tres nombres propios de la categoría de Chelo Loureiro (Galicia), Emilio de la Rosa (España) y Ricardo Blanco (Portugal). Todos ellos magníficos profesionales vinculados al campo de animación en todas sus posibles facetas. A modo de resumen, el festival inscribió 588 películas, de las cuales proyectaremos 156 en las tres secciones oficiales: Competición de Cortometrajes, Competición de Cortometrajes Educativos y Competición Multimedia. Cada una de las películas a competición puede consultarse en el apartado del actual festival. Fuera de consurso, ya habíamos informado la semana pasada sobre la presencia de "Arrugas" como película de apertura; y "Persepolis" como película de clausura. Este apartado se completa con el Panorama infantil, que contará con los ejemplos "A doazón", "Un gato na árbore" y "El circo submarino"; además del pase especial sobre animación y cómics con el documental "Radiografía dun autor de tebeos", centrado en la figura del dibujante David Rubín. Como conclusión, estarían las actividades paralelas compuestas por dos exposiciones y un taller. En primer término, contamos con una importante exposición sobre "El cartelismo en el cine de animación" con más de 50 carteles; junto con la propuesta "Del cómic al cine de animación", un recorrido por las obras más interesante y famosas de los dos medios. La guinda llega con el obligado taller de stop-motion enfocado a los alumnos del Bachillerato Artístico, donde contaremos con la inestimable presencia de Virginia Curiá y Tomás Conde para enseñar algunos de los secretos del rodaje fotograma a fotograma. Esperamos que disfrutéis de un gran festival. Nos vemos en ANIRMAU'12. |
||
"ARRUGAS" E "PERSEPOLIS" ABRIRÁN E PECHARÁN RESPECTIVAMENTE O ANIRMAU'12
| 22/03/2012 |
Xa falta pouco para que se celebre o ANIRMAU'12, e este ano vimos con propostas fortes, xa que incorporamos á nosa programación a proxección de longametraxes. Nada máis e nada menos que Arrugas (2011), posiblemente o máis grande éxito da animación galega, e un dos mellores de toda España; xunto con Persepolis (2007), a día de hoxe todo un icono da animación dos últimos anos.
Cita case obrigada para un festival como o noso, temos o pracer de proxectar "Arrugas" como filme de apertura para o luns 9 de abril. Será a primeira longametraxe que poñeremos no noso festival, e non o poderíamos facer de mellor xeito. De todos é sabido que a cinta se basa no cómic homónimo de Paco Roca, xa no seu día todo un éxito ao gañar o Premio Nacional de Cómic 2008. Mentres que o propio filme foi honrado con 2 Premios Goya: Mellor Longametraxe de Animación, e Mellor Guión Adaptado, premio este último case imposible para un filme de animación. O potencial do filme é innegable, esperando que sexa todo un éxito entre o noso público. Igualmente, membros da realización do filme, a produtora María Arochena e o guionista Ángel de la Cruz, poñerán o ramo coa súa presenza na proxección do filme. Sen dúbida, unha cita para o recordo.
E se a apertura é un bombazo, a clausura non se quedará atrás (sábado 14 de abril), xa que "Persepolis" é unha das creacións máis importantes de todos os tempos. Dous filmes imprescindibles e inspirados en importantes obras do mundo da banda deseñada que servirán de marco para todo o noso festival.
Por último, pedir desculpas polo abandono da actualización da nosa sección de novas, pero o traballo do último mes impediunos tal cometido. Con todo, informaros que a selección competitiva de curtametraxes do Festival de Animación de Annecy foi feita pública a inicios desta semana. Para nós sempre é un luxo programar curtas que xa competiron neste prestixioso certame, pero moito máis se contamos con exemplos que serán visionados na edición deste ano, sempre posterior ao noso festival. A edición deste ano terá lugar entre o 4 e o 9 de xuño, adiantándonos no noso festival con 8 títulos dos que soubemos apreciar o seu potencial. Marcamos a continuación os exemplos que serán exhibidos previamente no ANIRMAU:
* Sección de Curtametraxes: - Aalterate (Christobal DE OLIVEIRA, 2011) - Audition (Udo PRINSEN, 2011) - Das Haus (David BUOB, 2011) - Hisab (Ezra WUBE, 2011) - Second Hand ( Isaac KING, 2011)
* Sección de Curtametraxes de Graduación: - 366 Tage (Johannes SCHIEHSL)
* Sección de Filmes Educativos ou Científicos: - Le Droit de Suite (Pierre-Emmanuel LYET, 2011)
* Sección de Filmes Publicitarios: - Clover "Way Better" (SHY THE SUN, 2011)
Como pode verse, propostas todas elas variadas e interesantes das que poderá gozar o noso público sen necesidade de viaxar a Annecy. Esperamos a vosa presenza no festival, e atentos a vindeira semana porque faremos pública toda a programación completa. Bo festival a todos. |
|
|
Ya falta poco para que la celebración del ANIRMAU'12, contando este año con propuestas fuertes, ya que incorporamos a nuestra programación la proyección de largometrajes. Nada más y nada menos que Arrugas (2011), posiblemente el éxito máis grande de la animación gallega, y uno de los mejores de toda España; junto con Persepolis (2007), a día de hoy todo un icono de la animación de los últimos años.
Cita casi obligada para un festival como el nuestro, tenemos el placer de proyectar "Arrugas" como película de apertura para el lunes 9 de abril. Será el primer largometraje que exhibiremos en nuestro festival, y no lo podíamos hacer de mejor manera. De todos es sabido que la cinta se basa en el cómic homónimo de Paco Roca, todo un éxito en su día al ganar el Premio Nacional de Cómic 2008. Debiendo sumar también el éxito de la película al ser galardonada con 2 Premios Goya: Mejor Largometraje de Animación, y Mejor Guión Adaptado, premio este último casi imposible para una película de animación. El potencial de la cinta es incuestionable, esperando que sea todo un éxito entre nuestro público. Igualmente, miembros de la realización de la película, la productora María Arochena y el guionista Ángel de la Cruz, pondrán la quinda al contar con su presencia en la proyección de la película, Sin duda, una cita para el recuerdo.
Y si la apertura es un bombazo, la clausura no se quedará atrás (sábado 14 de abril), ya que "Persepolis" es una de las creaciones más importantes de todos los tiempos. Dos ejemplos imprescindibles e inspirados en importantes obras del mundo del cómic que serán el marco perfecto para todo nuestro festival.
Por último, disculparnos por el abandono de la actualización de nuestra sección de noticias, pero el trabajo del último mes nos lo ha impedido totalmente. Con todo, informaros que la selección a competición de cortometrajes del Festival de Animación de Annecy se hizo pública a principios de esta semana. Para nosotros, siempre es un lujo programar cortos que compitieron en este prestigioso certamen, pero mucho más contar con ejemplos que lo harán con posterioridad a nuestra cita. La edición de este año tendrá lugar entre el 4 y el 9 de junio, adelantándonos en nuestro festical con 8 títulos de los que supimos apreciar su potencial. Señalamos a continuación los ejemplos que exhibiremos previamente en el ANIRMAU:
* Sección de Cortometrajes: - Aalterate (Christobal DE OLIVEIRA, 2011) - Audition (Udo PRINSEN, 2011) - Das Haus (David BUOB, 2011) - Hisab (Ezra WUBE, 2011) - Second Hand ( Isaac KING, 2011)
* Sección de Cortometrajes de Graduación: - 366 Tage (Johannes SCHIEHSL)
* Sección de Películas Educativas o Científicas: - Le Droit de Suite (Pierre-Emmanuel LYET, 2011)
* Sección de Películas Publicitarias: - Clover "Way Better" (SHY THE SUN, 2011) Como puede verse, propuestas todas ellas variadas e interesantes que podrá disfrutar nuestro público sin necesidad de viajar a Annecy. Esperamos vuestra presencia en el festival, y atentos a la próxima semana porque haremos pública toda la programación completa. Buen festival a todos. |
||
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
XA PODES CONSULTAR OS FILMES PARTICIPANTES EN ANIRMAU'12
| 20/12/2012 |
A edición 2012 fai pública hoxe mesmo na súa web os filmes que poderán verse durante a semana oficial. Anteriormente, o pasado xoves xa se levara a cabo unha rolda de prensa na que se deron a coñecer aos medios os datos oficiais, así como a presenza galega no festival, xa que consideramos importante o apoio as nosas producións. Así pois, só tendes que entrar no apartado de ANIRMAU'12, onde atoparedes todos as creacións participantes, xunto con interesantes enlaces (trailers, extractos, making of...) de case todas elas para que poidades ir coñecendo un pouco a nosa seleción.
Para a presente convocatoria, contaremos con 156 filmes que buscarán acadar algún dos premios do noso festival. Trátase de exemplos procedentes tanto das nosas terras galegas, así como do resto de España, cintas que se acompañan doutras procedentes de 33 países estranxeiros. Entre elas, contamos con un pouquiño de todo, xa que temos nomeadas ou gañadoras de premios tan importantes como os Oscar, os Goya, os BAFTA, os César, os Annie...; ademais dun extenso número de exemplos seleccionados en festivais tan prestixiosos como a Berlinale, Sundance, San Sebastián, Sitges..., entre os máis coñecidos; ou en Annecy, Clermont-Ferrand, Ottawa, Cinanima, Anima Mundi, Animac, Filmets..., no campo dos máis importantes a nivel máis específico. As cifras amosan un bo nivel que a bo seguro poderedes ratificar nas proxeccións do festival. Entre os filmes chegados da nosa canteira, contaremos con 8 títulos que son unha boa mostra do potencial do audiovisual galego. O listado completo confórmano Birdboy (recente gañadora do Goya), Gato Encerrado (última gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor curta de animación), O Sapateiro (coprodución con Portugal seleccionada en Annecy) e Vicenta (nomeada aos Premios Goya do pasado ano) dentro da Sección Oficial de Curtametraxes; A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos (ambas de OQO Films) na Sección Oficial de Curtametraxes Educativas; e o filme divulgativo Estrategias adaptativas: hipótesis de la «alarma contra ladrones» (producido pola Universidade de Vigo) e o vídeo musical Freilach na Sección Oficial Multimedia. Oito propostas interesantes que nos fará sentir orgullosos do noso cinema.
Botádelle un ollo ao resto da programación, xa que non ten ningún desperdicio. Esperemos que sexa do voso agrado e non dubidedes en deixar os voso comentarios. O mellor xeito de gozar dela nas proxeccións oficiais do ANIRMAU. |
|
|
La edición 2012 hace pública hoy mismo en su web las películas que podrán verse durante la semana oficial. Anteriormente, el pasado jueves ya se llevó a cabo una rueda de prensa en la
que se dieron a conocer a los medios los datos oficiales, así como la presencia gallega en el festival, ya que consideramos importante el apoyo a nuestras producciones. Así pues, sólo
tenéis que entrar en el apartado de ANIRMAU'12, donde encontraréis todas las creaciones participantes, junto con interesantes enlaces (trailers,
extractos, making of...) de casi todas ellas para daros a conocer un poco nuestra selección.
Para la presente convocatoria, contaremos con 156 películas que buscarán lograr alguno de los premios de neustro festival. Se trata de ejemplos procedentes tanto de nuestras tierras gallegas, así como del resto de España, cintas que se acompañan de otras procedentes de 33 países extranjeros. Entre ellas, contamos con un poquito de todo, ya que tenemos nominadas o ganadoras de premios tan importantes como los Oscar, los Goya, los BAFTA, los César, los Annie...; además de un extenso número de ejemplos seleccionados en festivales tan prestigiosos como la Berlinale, Sundance, San Sebastián, Sitges..., entre los más conocidos; o en Annecy, Clermont-Ferrand, Ottawa, Cinanima, Anima Mundi, Animac, Filmets..., en el campo de los más importantes a nivel más específico. Las cifras muestran un buen nivel que a buen seguro podréis ratificar en las proyecciones del festival. Entre las películas llegadas desde nuestra cantera, contaremos con 8 títulos que son una buena muestra del potencial del audiovisual gallego. El listado completo lo conforman Birdboy (reciente ganadora del Goya), Gato Encerrado (última ganadora del Premio Mestre Mateo al mejor corto de animación), O Sapateiro (coproducción con Portugal seleccionada en Annecy) y Vicenta (nominada a los Premios Goya del año pasado) dentro de la Sección Oficial de Cortometrajes; A pota que trota y Fiz, o coleccionista de medos (ambas de OQO Films) en la Sección Oficial de Cortometrajes Educativos; y la película divulgativa Estrategias adaptativas: hipótesis de la «alarma contra ladrones» (producido por la Universidade de Vigo) y el vídeo musical Freilach para nuestra Sección Oficial Multimedia. Ocho propuestas interesantes que nos harán sentir orgullosos de nuestro cine. Echadle un ojo al resto de la programación, ya que no tiene ningún desperdicio. Esperemos que sea de vuestro agrado y no dudéis en dejar vuestros comentarios. La mejor manera de disfrutar de ella, en las proyecciones oficiales de ANIRMAU. |
||
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
PLENO NOS PREMIOS GOYA
| 20/02/2012 |
Onte puidemos ver en directo a retransmisión dos Premios Goya, e o certo é que foi unha noite redonda para a animación galega. Pero antes nada, queremos dar os nosos parabéns a todos os galardonados da noite, principalmente para a equipa da gran gañadora da noite que non foi outra que "No habrá paz para los malvados". Sen dúbida, unha edición que amosou un alto nivel, e que esperamos que siga medrando así de ben.
A curtametraxe de animación da noite foi Birdboy, a marabillosa adaptación da banda deseñada "Psiconautas" de Alberto Vázquez. O certo é que o filme non necesita moita presentación, xa que a súa carreira por festivais fala por si soa, chegando incluso a estar preseleccionada para os Premios Oscar. A curta amósanos unha historia dura sobre un mundo precario onde as novas xeracións non sempre escollen o camiño correcto. Un traballo a ter en conta que pode ser o espaldarazo perfeto para os seus artífices que están a desenvolver a longametraxe sobre a mesma novela gráfica. No apartado de longametraxes, a gañadora indiscutible é Arrugas, non só por acadar o premio á "mellor longametraxe de animación", senón tamén por ese gran recoñecemento que foi o premio a "mellor guión". A competencia era complicada, xa que había grandes pesos pesados como Icíar Bollaín, Benito Zambrano e Pedro Almodóvar, logrando así un galardón imposible para un filme de animación, converténdose no primeiro en facelo no noso país. Por outra parte, vemos novamente que o tándem banda deseñada-animación colleitan outra gran éxito. Esperemos que siga acadando novos merecidos premios, a curto prazo posibles no festival Anima: Brussels e nos próximos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
Pola nosa banda, dicir que ambos filmes formarán parte da programación do noso festival, o cal nos alegra moito. Entre os premios atrasados estarían os BAFTA, e aquí os gañadores foron "Rango" como mellor longametraxe, e "A Morning Stroll" como mellor curtametraxe, exemplo este último que tamén será filme competitivo na nosa programación. Todos estes premios fan que a nosa programación adquira unha maior relevancia. Esperamos a vosa presenza no festival, xa que non sairedes decepcionados. Ata a próxima. |
|
|
Ayer pudimos ver en directo la retransmisión de los Premios Goya, y lo cierto es que fue una noche redonda para la animación gallega. Pero antes nada, queremos dar nuestras felicitaciones a todos los galardonados de la noche, principalmente para el equipo de la gran ganadora de la misma que no fue otra que "No habrá paz para los malvados". Sin duda, una edición que mostró un alto nivel, y que esperamos que siga creciendo así de bien.
El cortometraje de animación de la noche fue Birdboy, la maravillosa adaptación del cómic "Psiconautas" de Alberto Vázquez. Lo cierto es que la película no necesita mucha presentación, ya que su carrera por festivales habla por sí sola, llegando incluso a estar preseleccionada para los Premios Oscar. El corto nos muestra una historia dura sobre un mundo precario donde las nuevas generaciones no siempre escogen el camino correcto. Un trabajo a tener en cuenta que puede ser el espaldarazo perfecto para sus artífices que están a desarrollar el largomatraje sobre esta misma novela gráfica. En el apartado de largometrajes, la ganadora indiscutible es Arrugas, no sólo por conseguir el premio al "mejor largometraje de animación", sino también por ese gran reconocimiento que fue el premio al "mejor guión". La competencia era complicada, ya que había grandes pesos pesados como Icíar Bollaín, Benito Zambrano y Pedro Almodóvar, logrando así un galardón imposible para una película de animación, convirtiéndose en la primera en hacerlo en nuestro país. Por otra parte, vemos nuevamente que el tándem cómic-animación cosechan grandes éxitos. Esperemos que siga sondiguiendo nuevos merecidos premios, a corto plazo posibles en el festival Anima: Brussels y en los venideros Premios Mestre Mateo de la Academia Galega do Audiovisual. Por nuestra parte, decir que ambas películas formarán parte de la programación de nuestro festival, lo cual nos alegra mucho. Entre los premios atrasados estarían los BAFTA, y aquí los ganadores fueron "Rango" como mejor largometraje, y "A Morning Stroll" como mejor cortometraje, ejemplo este último que también será película competitiva en nuestra programación. Todos estes premios hacen que la programación del festival adquiera una mayor relevancia. Esperamos vuestra presencia en el mismo, ya que no saldréis decepcionados. Hasta la próxima. |
||
OS PREMIOS ANNIE E OUTRAS NOTICIAS ADVERSAS
| 11/02/2012 |
Fai poucos días que saíu a resolución dos norteamericanos Premios Annie, onde desgraciadamente "Arrugas" e "Chico & Rita" saíron coas mans valeiras. Toda unha pena, aínda que tampouco é a noticia máis triste das últimas semanas, tal como poderemos ver máis abaixo.
Empezando polos Premios Annie, non pode dicirse que nos colla de sorpresa a maioría dos premiados, xa que os gustos americanos son inescrutables. Moitas son as categorías destes premios, polo que vamos a resumir os premios aos seguintes casos máis importantes:
* Mellor Longametraxe: RANGO (Gore BERBINSKI, 2011) * Mellor Dirección de Longametraxe: KUNG FU PANDA 2 (Jennifer YUH NELSON, 2011) * Mellor Especial de TV: KUNG FU PANDA: SECRET OF MASTERS (Anthony LEONDIS, 2011) * Mellor Produción para TV: THE SIMPSONS (Matt GROENING, 2011) * Mellor Curtametraxe: ADAM AND DOG (Minkyu LEE, 2011)
Aí estan os cinco premios máis representativos da velada. En canto ao que se premia na maoría dos casos, ben poderiamos dicir que non o sabemos, ou ben aquela xente con máis poder nesta industria alternativa. Neste sentido, temos bastante claro que DreamWorks é bastante poderosa nestes premios. Non en van, case sempre gana por riba de Pixar, esta última con produtos infinatamente mellores. Non era o caso deste ano (Pixar con "Cars 2" tampouco ía a ningún lado), pero aínda así alxouse con premio á mellor dirección con "Kung Fu Panda 2", un filme que si algo ten é un alcance visual de luxo, pero o seu guión e dirección en xeral é pésima. Pero aí está o seu premio, xunto con "Secret of Masters", a historia para DVD do Kung Fu Panda que tamén arrebatou o premio ao mellor especial televisivo, un premio que fóse máis merecido por "Batman: Year One", adaptación televisiva da xénese de Batman realizada por Frank Miller a mediados dos 80. Parabéns para os padriños de DreamWorks. Como mellor filme, o premio si que pode dicirse que é xusto, xa que estaba claro que ningunha das catro cintas europeas ían levalo. Así pois, "Rango" era a mellor elección dentro do frouxo panorama da animación norteamerciana do 2011. Sen dúbida, foi a gran gañadora da noite, xa que logrou 3 premios máis: guión, deseño de personaxes e montaxe; apostas todas elas nas que se mostraba insuperable con respecto as outras propostas americanas. No marco da televisión, a gran gañadora foi a serie televisiva que revolucionou a animación a principios dos 90: os "Simpsons". Este premio tampouco debe ser discutido, posto que o inxenio que amosa esta serie non ten parangón, podendo considerarse como todo un referente cultural do mundo audiovisual dos últimos vintecinco anos. En último termo, o apartado de curtas deu a sorpresa coa descoñecida "Adam and Dog", un exemplo invisible polo momento en calquera festival. Iso si, pode que sexa todo máis entendible cando marcamos que é un traballo realizado totalmente independente, pero feito por animadores e responsables de Disney, Pixar ou mesmo DreamWorks. Coma sempre, neste tipo de premios, o que ten máis amigos é sempre o que gaña. Con todo, a factura é impecable, dado a procedencia dos seus creadores, pero a historia carece do suficiente gancho. O máis sentido pésame para as catro favoritas: "La Luna", "Paths of Hate", "Wild Life" e "Dimanche".
Cambiando de tema, aínda que non de ton, os tempos fican moi revoltos. Boa proba diso son as terribles novas que estamos a vivir en terras galegas. Fai uns días saía unha noticia demoledora no "Faro de Vigo" onde se facía referencia ao mal estado de dúas das empresas de animación galegas máis importantes: Dygra e Filmax Animación. No primeiro caso, Dygra Films levaba case desaparecida do mapa dende fai uns anos, confirmándose agora a súa disolución final. Morre así a produtora da primeira longametraxe de animación de Galicia, e unha das primeiras de Europa no uso da técnica 3D CGI. Malos tempos corren tamén para Filmax Animación, firma que se atopa en concurso de acreedores. Toda unha situación que non augura bos momentos para a empresa. Esperemos que todas estas malas novas veñan sucedidas por momentos máis propicios para a nosa industria. Tamén desagradable é a eliminación do filme "O Mago dubidoso" da súa candidatura aos Premios Goya. Outra nova que nos colleu de sorpresa, na que o filme vigués de Deboura Cinema foi excluido por supostos problemas cos dereitos de autor. Dende aquí, moitos ánimos para os responsables do filme.
Por último e como todo non van a ser malas novas, debemos marcar a nova sección do Festival de Cine Español de Málaga centrada no mundo da animación. O seu nome é AnimaZine, e nace pola repercusión que está a ter a animación española a nivel internacional, mostrándose como unha ventá perfecta para dar a coñecer curtas, longas, proxectos, obradoiros e todo tipo de actividades. Felicitacións pola iniciativa, e esperemos que a cousa vaia moi ben cara adiante. Nada máis por hoxe. Ata a próxima. |
|
|
Hace pocos días que conocimos la resolución de los norteamericanos Premios Annie, donde desgraciadamente "Arrugas" y "Chico & Rita" salieron con las manos vacías. Toda una pena, aunque tampoco es la noticia más triste de las últimas semanas, tal como poderemos ver más abajo.
Empezando por los Premios Annie, no puede decirse que no cojan por sorpresa la mayoría de los premiados, ya que los gustos americanos son inescrutables. Muchas son las categorías de estos premios, por lo que vamos a resumir los premios a los siguientes casos más importantes:
* Mejor Largometraje: RANGO (Gore BERBINSKI, 2011) * Mejor Dirección de Largometraje: KUNG FU PANDA 2 (Jennifer YUH NELSON, 2011) * Mejor Especial de TV: KUNG FU PANDA: SECRET OF MASTERS (Anthony LEONDIS, 2011) * Mejor Producción para TV: THE SIMPSONS (Matt GROENING, 2011) * Mejor Cortometraje: ADAM AND DOG (Minkyu LEE, 2011)
Ahí quedan los cinco premios más respresentativos de la velada. En cuanto a lo que se premia en la mayoría de los casos, bien podríamos decir que lo desconocemos, o bien decir directamente que los hacen aquellos con más poder en esta industria alternativa. En este sentido, tenemos bastante claro que DreamWorks es bastante poderosa en estos premios. No en vano, casi siempre gana por encima de Pixar, esta última con productos infinitamente mejores. No era el caso de este año (Pixar con "Cars 2" tampoco iba a ningún lado), pero aún así, se alzó con el premio a la mejor dirección con "Kung Fu Panda 2", una película que si algo tiene es un alcance visual de lujo, pero su guión y dirección dejan bastante que desear. Pero ahí tenemos este premio, junto con "Secret of Masters", la historia para DVD de Kung Fu Panda que también logró el premio al mejor especial televisivo, un premio que puede que fuese más merecido por "Batman: Year One", adaptación televisiva de la particular génesis de Batman realizada por Frank Miller a mediados de los 80. Enhorabuena por los padrinos de DreamWorks. Como mejor película, el premio sí que puede calificarse como justo, ya que estaba claro que ninguna de las cuatro cintas europeas se lo llevarían. Así pues, "Rango" era la mejor opción dentro del flojo panorama americano del 2011. Sin duda, fue la gran ganadora de la noche, ya que logró otros tres premios más: guión, diseño de personajes y montaje; apuestas todas ellas en las que se mostraba insuperable con respecto a sus competidoras. En el marco de la televisión, la gran ganadora fue la serie televisiva que revolucionó la animación a principios de los 90: los "Simpsons". Este premio tampoco debería ser discutido, puesto que el ingenio que muestra esta serie no tiene parangón, pudiendo considerarse como todo un referente cultural del mundo audiovisual de los últimos veinticinco años. En último término, el apartado de cortos marcó la sorpresa con la desconocida "Adam and Dog", un ejemplo invisible por el momento en cualquier festival. Eso sí, puede que sea todo más entendible cuando señalamos que es un trabajo realizado totalmente independiente, pero hecho por animadores y responsables de Disney, Pixar o mismo DreamWorks. Coma siempre, en este tipo de premios, el que tiene más amigos se lleva el gato al agua. Con todo, la factura es impecable, dado la procedencia de sus creadores, pero la historia carece del suficiente gancho. El más sentido pésame para las cuatro favoritas desde nuestro punto de vista: "La Luna", "Paths of Hate", "Wild Life" y "Dimanche".
Cambiando de tema, aunque no de tono, los tiempos se muestran revueltos. Buena prueba de eso son las terribles noticias que estamos viviendo en tierras gallegas. Hace unos días salía una noticia demoledora en el "Faro de Vigo" donde se hacía referencia al mal estado de dos de las empresas de animación gallegas más importantes: Dygra y Filmax Animación. En el primer caso, Dygra Films llevaba casi desaparecida del mapa desde hace unos años, confirmándose ahora su disolución final. Muere así la productora del primer largomatraje de animación de Galicia, y uno de los primeros de Europa en el uso de la técnica 3D CGI. Malos tiempos corren también para Filmax Animación, firma que se encuentra en concurso de acreedores. Toda una situación que no augura buenos momentos para la empresa. Esperemos que todas estas malas noticias vengan sucedidas por momentos más propicios para nuestra industria. También desagradable es la eliminación de la película "O Mago dubidoso" de su candidatura a los Premios Goya. Otra noticia que nos coge de sorpresa, ya que la película viguesa de Deboura Cinema fue excluída por supuestos problemas con los derechos de autor. Desde aquí, nuestros más sinceros ánimos para los responsables de la cinta. Por último y como no todo van a ser desgracias, debemos marcar la aparición de una nueva sección en el Festival de Cine Español de Málaga centrada en el mundo de la animación. Su nombre es AnimaZine, y nace a raíz de la repercusión que está teniendo la animación española a nivel internacional, mostrándose como una ventana perfecta para dar a conocer cortos, largos, proyectos, talleres y otro tipo de actividades. Felicitaciones por la iniciativa, y esperemos que el tema vaya muy bien. Nada más por hoy. Hasta la próxima. |
||
OS PREMIOS CÉSAR, CLERMONT-FERRAND E A BERLINALE
| 06/02/2012 |
Isto é un non parar, e as novas saen continuamente. Temos esta semana unha de nomeacións de premios (os César), e dous festivais, un que se vai (Clermont) e outro que chega (a Berlinale) Vaimos ao gran.
En primeiro terno, ocuparémonos dos recentemente saídos Premios César que concede a Academia de Cine de Francia. En sentido xeral, é envidiable a boa calidade dos filmes que poden verse nestas candidaturas. Sete grandes filmes compiten polo premio á mellor longametraxe (5 delas presentes no pasado Festival de Cannes), premio, por outra parte, que parece ter un claro favorito: "The Artist". Ben seguro que non se irá de vacío, co que non podemos dicir outra cousa que ata onde chegaran os galardóns para esta gran cinta. Certamente, meréceo. No respecto á animación, este ano existe o premio ao mellor filme de animación. Os candidatos ao premio son: - Le chat du rabbin (Antoine DELESVAUX – Joann Sfar, 2011) - Le cirque (Nicolas BRAULT, 2010) - Le queue de la souris (Benjamin RENNER, 2008) - Le tableau (Jean-François LAGUIONIE, 2011) - Un monstre à Paris (Bibo BERGERON, 2011)
Precisamente, no campo da animación contamos con algunha crítica interesante que facer. En primeiro lugar, non é lóxico contar cun apartado único para a animación na que participan curtas e longas a un tempo. Está claro que existe unha descompensación entre os traballos presentados. E logo, deixa un pouco de asombro a diferencia de anos entre as candidatas, principalmente no caso da "Le queue de la souris", un traballo que ten xa 4 anos. De entrada, inaudito. Por outra parte, as dúas curtas amosan calidade suficiente para estar onde están, podendo avanzar que "Le cirque" será traballo competitivo no ANIRMAU. O premio recaerá case seguro nalgunha das 3 longas, e todas elas contan con certos atractivos para dito premio. En primeiro termo, "Le chat du rabbin" é a última gañadora do festival de Annecy, un logro bastante importante. Por outro lado, "Un monstre à Paris" é a última realización de Bibo Bergeron, destacado director a inicios dos 2000 para DreamWorks ("La ruta hacia el Dorado" e "El espantatiburones"), o que o sitúa como unha persoa ben situada no medio. Por último, "Le tableau" é a volta de Jean-François Laguionie, un dos nomes máis importantes da historia da animación francesa, activo dende os anos 60. Unha novidade moi interesante que pode dar a campanada, ao mismo tempo que ten posibilidades de ser un dos filmes que camiñe polos festivais de animación deste ano, como Annecy ou a sección "anima't" do Festival de Sitges.
A pasada semana foi a clausura do festival de curtas de Clermont-Ferrand. O certo é que os membros do xurado foron un pouco parcos na entrega de premios a curtas de animación. No apartado internacional, a única agasallada foi Keha Mälu (2011), exemplo que logrou o merecido premio á mellor cinta de animación, traballo que tamén teremos na nosa selección. A sección Labo contou con 3 premios animados, entre os que destacarían as inglesas Bobby Yeah (2011) co Premio especial do Xurado; e Belly (2011) que acadou o Premio Canal+. Completaría a sección, a española Doomed (2010), que logrou o premio á mellor comedia. A nosa noraboa para Guillermo García Carsí con este título, tamén na nosa selección oficial. Por último, a competición francesa non premiou aqueles traballos que consideramos máis interesantes. Así pois, o premio á mellor animación en francés foi para Conte de faits (2011), a mellor proposta da escola francesa "La Poudriére" deste ano, pero para nada á altura dos exemplos de anos previos, entre elas a nomeada aos César "La queue de la souris". O premio á mellor música (Premio SACEM) acabou na mediametraxe The Monster of Nix (2011), unha curta un tanto fallida e amplamente pretenciosa. O último premiado do ámbito animado é La Sole, entre l'eau et le sable (2011), un documental que non tivemos a oportunidade de ver, alzándose co Premio especial do Xurado e a Mención do Xurado novo. Deberemos botarlle un ollo.
Outro ano máis, a Berlinale inaugura o calendario de festivais de Clase A, e como sempre a animación soe caer nun segundo, ou máis ben terceiro plano (recordar, non obstante, que aquí mesmo un filme de animación logrou o premio principal hai anos coa cinta "El viaje de Chihiro"). Para este ano, a sección "Berlinale Shorts" contará con 4 exemplos animados con un tono certamente asiático. A excepción sería a cinta alemá An das Morgengrauen de Mariola Brillowska, seguida das xaponesas Looking Out (2011) de Akihito Izuhara e The Great Rabbit (2011) de Atsushi Wada, concluíndo coa china Some actions which haven't been defined yet in the revolution (2011), o último traballo de Sun Xun. Catro exemplos interesantes, e con propostas a priori curiosas. Esperamos poder velas moi pronto. Fóra de concurso, queremos resaltar a estrea de Zarafa (2012), unha longametraxe de Rémi Bezançon e Jean-Christophe Lie, este último dado a coñecer anos atrás en Cannes con "L'homme à la Gordini". Esperemos que demostre a mesma vena creativa que naquela fantástica curtametraxe.
Un repaso intenso que esperemos que fóse do voso agrado, e igualmente ilustrativo sobre as novidades máis importantes da creación animada. Prometemos voltar a próxima semana con algunha nova interesante, e ao mellor nunha liña un tanto destructiva. Así pois, ata o vindeiro episodio. |
|
|
Esto es está que no para, y las noticias salen continuamente. Tenemos esta semana una de premios (los César), y dos festivales, uno que acaba (Clermont) y otro que llega (la Berlinale) Vayamos al grano.
En primer término, nos ocuparemos de los recientemente salidos Premios César que concede la Academia de Cine de Francia. En sentido general, es envidiable la buena calidad de las películas que pueden verse en estas candidaturas. Siete grandes películas compiten por el premio al mejor largometraje (5 de ellas presentes en el pasado Festival de Cannes), premio, por otra parte, que parece tener una clara favorita: "The Artist". Seguro que no se irá de vacío, con lo que no podemos decir otra cosa que hasta donde llegaran los premios para esta gran cinta. Ciertamente, lo merece. Con respecto a la animación, este año existe un premio único a la mejor película de animación. Los candidatos al premio son: - Le chat du rabbin (Antoine DELESVAUX – Joann Sfar, 2011) - Le cirque (Nicolas BRAULT, 2010) - Le queue de la souris (Benjamin RENNER, 2008) - Le tableau (Jean-François LAGUIONIE, 2011) - Un monstre à Paris (Bibo BERGERON, 2011)
Precisamente, en el campo de la animación contamos con alguna crítica interesante que hacer. En primer lugar, no es lógico contar con un apartado único para la animación en la que compiten cortos y largos a un tiempo. Está claro que existe una descompensación a la hora de valorarlos. Y después, nos deja algo asombrados la diferencia de años entre las candidatas, principalmente en el caso de la "Le queue de la souris", un trabajo que tiene ya 4 años. De entrada, inaudito. Por otra parte, los dos cortos tiene calidad suficiente para estar ahí, pudiendo avanzar que "Le cirque" será trabajo competitivo en el ANIRMAU. El premio recaerá casi seguro en alguno de los 3 largomatrajes, contando todos ellos con ciertos atractivos para dicho premio. En primer término, "Le chat du rabbin" es la última ganadora del festival de Annecy, un logro bastante importante. Por otro lado, "Un monstre à Paris" es la última realización de Bibo Bergeron, destacado director a inicios de los 2000 para DreamWorks ("La ruta hacia el Dorado" y "El espantatiburones"), lo que lo sitúa como una persona bien situada en el medio. Por último, "Le tableau" es la vuelta de Jean-François Laguionie, uno de los nombres más importantes de la historia de la animación francesa, activo desde los años 60. Una novedad muy interesante que puede dar la campanada, al mismo tiempo que tiene posibilidades de ser una de las películas que aparezca en los festivales de animación de este año, como Annecy o la sección "anima't" del Festival de Sitges.
La pasada semana fue la clausura del festival de cortos de Clermont-Ferrand. Lo cierto es que los miembros del jurado fueron un poco parcos en la entrega de premios a cortos de animación. En el apartado internacional, la única premiada fue Keha Mälu (2011), ejemplo que logró merecidamente el premio a la mejor cinta de animación, trabajo que también tendremos en nuestra selección. La sección Labo contó con 3 premios animados, entre los que destacarían las inglesas Bobby Yeah (2011) con el Premio Especial del Jurado; y Belly (2011) que consiguió el Premio Canal+. Completaría la sección, la española Doomed (2010), que logró el premio a la mejor comedia. Nuestra enhorabuena para Guillermo García Carsí con este título, también en nuestra selección oficial. Por último, la competición francesa no concedió premio a nuestros ejemplos favoritos. Así pues, el premio a la mejor animación en francés fue para Conte de faits (2011), la mejor propuesta de la escola francesa "La Poudriére" de este año, pero para nada a la altura de las promociones previas, entre ellas la nominada a los César "La queue de la souris". El premio a la mejor música (Premio SACEM) acabó en el mediometraje The Monster of Nix (2011), un ejemplo un tanto fallido y ampliamente pretencioso. El último premiado del ámbito animado es La Sole, entre l'eau et le sable (2011), un documental que no tuvimos la oportunidad de ver, alzándose con el Premio Especial do Jurado y la Mención del Jurado Joven. Le echaremos un vistazo.
Otro año más, la Berlinale inaugura el calendario de festivales de Clase A, y como siempre la animación suele caer en un segundo, o más bien tercer plano (recordar, no obstante, que aquí mismo una película de animación logró el premio principal hace años con la cinta "El viaje de Chihiro"). Para este año, la sección "Berlinale Shorts" contará con 4 ejemplos animados con un tono cirtamente asiático. La excepción sería la cinta alemana An das Morgengrauen de Mariola Brillowska, seguida de las japonesas Looking Out (2011) de Akihito Izuhara y The Great Rabbit (2011) de Atsushi Wada, concluyendo con la china Some actions which haven't been defined yet in the revolution (2011), la última creación de Sun Xun. Cuatro ejemplos interesantes, y con propuestas a priori curiosas. Esperamos poder verlas muy pronto. Fuera de concurso, queremos resaltar el estreno de Zarafa (2012), un largometraje de Rémi Bezançon y Jean-Christophe Lie, este último dado a conecer años atrás en Cannes con "L'homme à la Gordini". Esperemos que demuestre la misma vena creativa que demostraba en aquel fantástico cortometraje. Un repaso intenso que esperemos que fuese do vuestro agrado, e igualmente ilustrativo sobre las novedades más importantes de la creación animada. Prometemos volver la próxima semana con alguna noticia interesante, y puede que en una línea un tanto irónica. Así pues, hasta el próximo episodio. |
||
ANIRMAU - ANIMATION FILM FESTIVAL
09-14 APRIL 2012






Escribir comentario
Comentarios: 0